miércoles, 27 de febrero de 2013

CD Ourense - Real Oviedo

Entrada do partido do Nuevo Tartiere de outubro de 2012
 CD Ourense e o Real Oviedo enfrontáronse 9 veces en partido oficial: en 4 ocasións na 2ª división e 5 na 2ªB, cos seguintes resultados:

2ªdivisión      4/01/1970   Carlos Tartiere    Oviedo 3 - Ourense 0
                    31/05/1970       O Couto          Ourense 2 (Tapeto, Rubiñán) - Oviedo 0   

2ª división     8/12/1974   Carlos Tartiere    Oviedo 0 - Ourense 0
                    20/04/1975       O Couto          Ourense 1(Pataco) - Oviedo 1

2ªB              14/01/1979   Carlos Tartiere    Oviedo 0 - Ourense 1 (Luis)
                     3/06/1979          O Couto        Ourense 0 - Oviedo 1

2ªB             14/10/2012    Nuevo Carlos Tartiere   Oviedo 1 (Manu Busto) - Ourense 1 (Jona)
                     3/03/2013          O Couto                  Ourense 0 - Oviedo 0

2ªB               22/09/2013      O Couto       Ourense 2 (Borja Valle, Iker Alegre) - Oviedo 1 (Eneko)

Quinta tempada (2013/14)  na que compartimos categoría, xogando ata agora sempre inicialmente en Oviedo, con resultados equilibrados: sempre se da o mesmo desencelace nos dous campos. Así que a historia non invita a ser moi optimistas para esta xornda.

3 victorias para Ourense, 2 victorias para Oviedo e 4 empates.

Quinta visita oficial do Real Oviedo ao estadio do Couto (22/9/2013) que ascendeu en 2 das catro tempadas (74/75 e 78/79) na que compartiu categoría con Ourense, mentres o equipo vermello descendeu en 2 desas catro tempadas (69/70 e 74/75), sempre militando na 2ª división.

Destacar que no equipo carbayón da tempada 74/75 xogaba de defensa Pepe Carrete que sería posteriormente entrenador do equipo vermello (91/92 e 92/93).

C.D. Ourense xogou en 3 ocasións no Carlos Tartiere, antigo campo de Buenavista, construido no ano 1932, e xa na tempada pasada xogou no espectacular Nuevo Tartiere, inaugurado no ano 2000.



Deixamos o resumo do partido do Nuevo Tartiere, un dos mellores partidos do Ourense da tempada 2012/13 (14/10/2012)

                                                                       TVG2 


                                                            Televisión Asturiana
 

Na tempada 2012/13 o dianteiro Óscar Martínez xogou no Oviedo na primeira volta e con CD Ourense no partido de volta.

Partido do estadio do Couto do 3/3/13


Imaxes da marea azulona que invadiu o estadio do Couto en 2013

Partido do Couto da primeira volta (22/09/2013)



Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -www.futbolme.com 
Entrada cedida por F.Telle
Imaxe CC de YoaR
Vídeos enlazados de Youtube dos usuarios "Pontevedraparaelmundo", "Jmldlr" e "Videoblogasturias"
Imaxes  orixinais da TVG2e A7(televisión asturiana)
Enlaces:

martes, 26 de febrero de 2013

C.D.Ourense - F.C.Barcelona

Na tempada 1999/2000, despois de eliminar ao Mallorca da 1ª división, tocou o "premio gordo": o F.C. Barcelona.
(Eran moitos anos esperando, concretamente dende a tempada 74/75 na que nos cruzaramos co R.Madrid, tamén na Copa)

Entrada do partido disputado no Couto



Eran os oitavos de final da Copa do Rei, e por primeira vez iamos xogar co FC Barcelona en competición oficial. (O 20 de outubro de 1973 xa xogara o primeiro equipo do Barça un encontro amigable no campo do Ourense polo traspaso de Manolo Tomé; curiosamente ese foi o primeiro encontro en España de Johan Cruyff fóra do Nou Camp).E ademais a dobre partido.

                                                        Imaxes do sorteo e reaccións

O partido de ida celebrouse no Estadio do Couto o 20 de xaneiro do 2000 e foi todo un acontecemento na cidade das Burgas, como se pode ver nos seguintes vídeos.

                                          Previa do partido nos telexornais de Antena 3 e TVE

Cunha grada supletoria nun dos fondo presenciaron o partido en directo preto de oito mil persoas. Entre cinco mil e dez mil pesetas custaron as entradas que foron moi demandadas. O presidente Manolo Rois premiou a fidelidade dos seus socios facendo que estes non pagaran e, moi intelixentemente, sacou un carné por quince mil pesetas que incluía o partido e o resto da tempada conseguindo aumentar o número de socios esa campaña.

                                                       Previa ao partido no telexornal da TVG

O partido foi televisado polas canles autonómicas e pola 2ª cadea da TVE.
O equipo de Louis van Gaal presentou a seguinte alineación: Hesp, Ronald de Boer, Bogarde, Frank de Boer, Sergi, Luis Enrique, Guardiola, Rivaldo (Gabrich), Zenden (Mario), Simao y Dani.

O equipo vermello entrenado por Alberto Argibay xogou con: Ramón, Xurxo (Agustín), Chema, Roberto, Lambea. Garitano, Conget (Dani Cobo), Djurjevic, Adolfo, Jorge Sánchez y Óscar Martínez.

Ourense 1 (Óscar Martínez) - Barcelona 2 (Luis Enrique, Dani)

                                                      PRIMEIRA PARTE (pola TVG)




                                                             SEGUNDA PARTE





   Se queres ver a retransmisión que fixo TVE pulsa en "máis información"

lunes, 25 de febrero de 2013

Eliminando ao Mallorca

Na tempada 1999/2000 C.D. Ourense, que militaba na 2ªB, tivo unha brillante participación na Copa do Rei. Na primeira eliminatoria quedara exento, eliminando na 2ª ronda ao Xetafe, equipo de 2ª división A, gañando os dous partidos:
-no Couto 1-0 con gol de Peláez, o 11 de novembro de 1999, día de San Martiño
-en Xetafe 1-2, o 1 de decembro, con goles de Garitano (p.) e Lambea.

O equipo de Alberto Argibay enfrentouse na seguinte ronda ao Mallorca da 1ª división, entrenado polo galego Fernando Vázquez. Era a sétima vez que xogabamos uns dezaseisavos de final da Copa e a cuarta vez que iamos superar esta ronda. En oitavos cruzariamonos co Barça, pero esa é outra historia.

O 15 de decembro de 1999 empatabamos no Couto 2-2 co equipo balear. Os goles ourensás foron obra de Roberto e Óscar Martínez.

Cando as posibilidades para superar a eliminatoria parecían poucas produciuse a sorpresa o 12 de xaneiro do ano 2000 ao gañar 1-2 en Son Moix con goles de Chema e Óscar Martínez.

Foi a última vez que eliminamos a un primeira división.




  

Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -Vídeo e Audio facilitado por J. Telle

Imaxes orixinais da TVG.
Audio orixinal da Radio Galega. 

domingo, 3 de febrero de 2013

Coqueteando coa 1ª división

Aínda que CD Ourense nunca xogou na primeira división, ao longo da súa historia disputou 35 partidos oficiais contra equipos que militaban na división de ouro da liga española, sempre dentro do torneo da Copa.

Os datos dese coqueteo cos grandes resumense en:

-35 partidos disputados

-7 partidos ganados (a Español 2-0 no 59/60, ao Ath. Bilbao 3-1 na 59/60, ao Valladolid 1-0 na 60/61, a Real Sociedade 1-3 e 4-3 na 63/64, ao Mallorca 1-2 na 99/00, e ao Celta 0-1 no 97/98 -logo perdimos o partido na prórroga-).

-6 empatados (todos na casa: contra Granada 1-1 no 72/73, R.Madrid 0-0 no 74/75, Osasuna 1-1 no 86/87, Mallorca 2-2 no 99/00, Valladolid 1-1 no 2001/02; menos un empate no Nou Camp contra o FC Barcelona 0-0 no ano 99/00).