Mostrando entradas con la etiqueta segunda división. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta segunda división. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de enero de 2014

Tempada 1998/99: Última participación na 2ª A

Desastrosa campaña a todos os niveis: institucional e deportivamente. Tres entrenadores (Emilio Cruz, Hernández Fuertes e Rodríguez Vaz) que foron incapaces de evitar a última posición da liga.

O última partido de CD Ourense na 2ª división, ata o momento, tivo lugar o 20 de xuño de 1999 en San Lázaro onde perdemos por 3-0 frente ao Compostela.

O último partido celebrado no estadio do Couto, na división de prata, foi o sábado 12 de xuño de 1999 diante de máis aficionados visitantes que locais, xa que, nese partido o Numancia, de Miguel Ángel Lotina, acadou o ascenso á primeira división tras vencer 0-2. Novamente contemplando a gloria deportiva que a nós se nos nega, no noso propio campo.


viernes, 24 de enero de 2014

Tempada 1997/98: Segunda división A

Nunha segunda división A de 22 equipos CD Ourense salva a categoría no posto 16, nunha tempada na que chegamos a ser líderes en dúas ocasións: o 15 de outubro despois de gañar ao Hércules 2-0 e o 2 de novembro trala victoria no Salto del Caballo de Toledo por 0 a 1. Foi a tempada na que vivimos no estadio do Couto un ascenso a primeira división, na penúltima xornada, o do Extremadura que venceu 0-1 e alcanza un soño que nós aínda non coñecemos.

E tamén unha tempada de cambios: na xunta directiva, abandona Rois a presidencia para dar paso a un grupo empresarial de fóra; todo isto motivado pola conversión a Sociedade Anónima Deportiva; e estrenamos nova denominación: Club Deportivo Ourense.





          

viernes, 15 de noviembre de 2013

Tempada 1996/97: Segunda división A



Despois de acadar o ascenso a segunda división a tempada anterior, recuperando a categoría en tan só un ano, CD Ourense remataría salvándose na última xornada ganando 2-3 en Almería, co novo técnico Luis Rodríguez Vaz, tras o cese na penúltima xornada de Antonio Teixidó.

CD Ourense alcanzaba o posto 15º con 44 puntos, tras 11 partidos ganados, 8 deles no Couto; 11 empates, 8 deles fóra; e 16 perdidos, 8 na casa. Con 35 goles a favor, 22 no Couto e 13 a dominicilio, encaixaban 46, 19 na casa e 27 fóra.

Aí vos deixamos os resumos dos partidos de liga, vía TVG.