O 13 de novembro de 1977, ás 16:30, no campo do Couto, para celebrar os 25 anos de CD Ourense tiña lugar un partido entre Vellas Glorias do Ourense e do Real Madrid. No Real Madrid xogaba Alfredo Di Estéfano. Arbitrou o colegiado ourensá Minal Barbosa. 3-1 gañou o equipo blanco, marcando Di Estéfano o primeiro gol.
Alfredo Di Estéfano visitará unha segunda vez o campo do Couto, esa mesma tempada 77-78, facendo o saque de honor no partido Ourense-Ensidesa (0-0). Viñera invitado por Delfín Álvarez.
Información extraída de: Club Deportivo Ourense, de José Manuel Fernández Sobrino
Moi bó artículo, non sabras quen xogou por parte das lendas do RM non?
ResponderEliminar