Mostrando entradas con la etiqueta Históricos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Históricos. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de febrero de 2014

O Ourense gaña 30 de 30

Volvemos ao ano 1968, e a aquel mítico CD Ourense que se fixo famoso en todo o estado español. Recollemos nesta ocasión o artigo que o xornalista deportivo Alfredo Relaño publicou no diario El País o luns 17 de xuño de 2013, na súa sección "Memorias en blanco y negro".

Podes ler o artigo completo no seu blog.

Foto tomada do artigo.

viernes, 17 de enero de 2014

Racing de Ferrol

Este domingo terá lugar o enfrontamento número 40 en partido de liga entre estes dous equipos. O primeiro data do 25 de outubro de 1959, na segunda división, no que ganou CD Ourense, na casa, 4 a 1.

Polo tanto, ata hoxe, 39 partidos (4 na segunda, 21 na 2ªB e 14 na terceira) que se resumen en:
-12 gañados polo Ourense
-14 empatados
-13 gañados polo Racing

con 50 goles a favor do Ourense, e 49 a favor do Racing.

No campo do Racing o equipo vermello perdeu 10 veces, empatou 7 e só gañou 2 veces ( 1-3, o 5 de maio de 1985 na terceira, e, a última, o 4 de febreiro de 1990, 0-2, na 2ªB), ambas no antigo campo Manuel Rivera, situado no barrio de O Inferniño.

No campo actual, A Malata, inaugurado o 29 de agosto de 1993, CD Ourense non gañou nunca, xogou 9 veces ( 7 en liga e 2 na copa), perdendo en 6 ocasións e empatando en 3.

E xa que falamos da Copa, indicar que xogaron tres eliminatorias (78/79, 95/96 e 96/97) resultando eliminado sempre CD Ourense (sumando 2 empates e 4 derrotas).

Lembramos o partido da primeira volta desta liga na que o Racing de Ferrol gañou 1-2 no Couto.





miércoles, 11 de diciembre de 2013

Históricos: CD Ourense -Racing de Santander

Chega ao Couto un histórico do fútbol español: o Real Racing Club de Santander. Equipo centenario que militou 44 tempadas na primeria división.

Con anterioridade a esta foron cinco as tempadas que compartimos liga co equipo cántabro, todas elas na segunda división: 59/60, 62/63, 63/64, 64/65 e 74/75.
Antiguo Campo de Sport - Santander

Polo tanto, 39 anos despois, esta vez na 2ºB, voltamos coincidir nunha liga.

Aínda que o último partido oficial data de hai 36 anos, nun enfrontamento copero de primeira ronda, onde un Ourense de 2ªB era eliminado polo equipo da 1ª división, cun parcial de 3-0. 

Polo tanto a última visita oficial do Racing de Santander ao estadio do Couto foi o 14 de setembro de 1977 co resultado de 0-2. En partido de liga deberiamos remontarnos ao 16 de marzo de 1975 con victoria visitante por 0-1.

A única victoria de CD Ourense sobre o Racing de Santander data do 7 de febreiro de 1960 cando gañamos 1-0, gol de Chicha. Nesta tempada na 2ª división, primeira na que compartiamos categoría, estivemos disputando con eles ata última hora polo ascenso a primeira división, que eles acadaron finalmente, conformándonos nós co 3º posto que nos deixou cerca de bicar o ceo do fútbol. Xogaron por C.D. Ourense: Gelucho, Felipe, Lasheras, Orbán, Pastor, Rebeca, Cebrián, Matito, Chicha, Rivera y Malet.
Actual campo do Racing
A nosa historia resúmese nos seguintes datos:
-12 partidos xogados, 10 de liga (2ª div.) e 2 de copa
-1 victoria de CD Ourense, 7 do Racing e 4 empates
- 8 goles de CD Ourense e 17 do Racing (14 en ligas, 3 en copa)
-No Couto, en liga: 1 victoria do Ourense, 2 empates e 2 victorias do Racing. Máis unha en copa.

"In memoriam: Manolo Preciado"
Xogador do Racing de Santander: 1978-1982
Xogador de CD Ourense: 1986-1990






Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -www.futbolme.com 
Imaxes: -www.realracingclub.es
            - www.lavozdegalicia.es
            - www.marca,es
           - barbadas.blogspot.es

martes, 14 de mayo de 2013

Ourense 5 - Avilés 3

O  21  de abril de 2013 deuse no estadio do Couto por primeira na historia de CD Ourensee este resultado (5-3) en partido de Liga,  con remontada incluída nos últimos minutos. Foi na xornada 34 e resultou un partido decisivo para manter a categoría na 2ºB. Marcamos tantos goles nese partido como nos nove anteriores. Só había un precedente deste resultado, foi na Copa, o 13 de marzo de 1960, un Ourense que militaba na 2ª división gañou por 5 a 3 ao Raio Vallecano.

Aproveitamos a ocasión para lembrar todos os partidos de liga nos que  CD Ourense marcou 5 goles. Foi, con esta, en 44 ocasións.

viernes, 29 de marzo de 2013

Históricos Ourense - Salamanca


Recuperamos, desgraciadamente, esta entrada en homenaxe a Unión Deportiva Salamanca no día da súa desaparición despois de 90 anos de historia.

CD Ourense e UD Salamanca disputaron ao longo da súa historia 30 partidos co balance de 8 victorias para o Ourense (7 na casa e unha fóra), 8 empates e 14 victorias do Salamanca ( 4 no Couto, tres en 2ªA e a última en 2ªB este ano ). O Ourense marcou 36 goles e recibiu 47.

Salvo dous partidos que tiveron lugar dentro do torneo da Copa do ano 76/77 con dúas victorias charras (o Salamanca militaba na 1ª división e o Ourense en 3ª división), os 27 enfrontamentos restantes foron na liga: 16 na 2ª A e 12 na 2ºB.

Das 8 tempadas que o Salamanca militou na 2ºB (esta incluída) seis compartiron grupo, co balance de 4 victorias rojillas, 4 empates e 4 victorias do Salamanca.

Polo tanto nos 6 partidos disputados no Couto militando en 2ºB só venceu o Salamanca no que será o derradeiro partido na historia destes dous conxuntos: 1 empate, 4 victorias locais ( 85/86, 86/87, 92/93 e 93/94)  sempre que ganamos marcamos dous goles, e unha única derrota por 0 a 2.

A penúltima visita do Salamanca a Ourense militando na 2ªB foi o 12/9/93 no Campo do Xestal de Ribadavia, por andar en obras o cespede do Couto, e vencemos por 2 a 0, goles de Rodolfo e Quecho, sendo a 1ª victoria que lograba o tándem Teixido-Fuertes ao fronte do equipo vermello, o Salamanca estaba dirixido por Lillo. Esa tempada os dous conxuntos ascenderían a 2ª división A.

Aínda que a última visita ao Couto do Salamanca foi o 3/11/96 no campionato de 2ªA gañando o equipo charro por 1-3, o gol local de Muguerza.

O 31 de marzo de 2013 foi o último partido entre estes dous equipos, gañando o Salamanca 0-2 no estadio do Couto.

Aí van esas imaxes, desgraciadamente, as derradeiras.

Partido da ida no estadio Helmántico, 2-2, os dous tantos rojillos obra de Jona.
  
.





31 de marzo de 2013. Derradeiro partido. Estadio do Couto 0-2

Partido completo


 

Fontes:

            -www.futbolme.com   
            - Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense         
           -Cartel partido do Couto: vía @CDOurenseSAD
           -Imaxes partido Salamanca:  Tribuna Salamanca, CylTV e TVG2 vía usuario youtube "Pontevedraparaelmundo".
          -Partido Ourense-Salamanca: imaxes da TVG, da Televisión de  Castilla y León