Recuperamos, desgraciadamente, esta entrada en homenaxe a Unión Deportiva Salamanca no día da súa desaparición despois de 90 anos de historia.
CD Ourense e UD Salamanca disputaron ao longo da súa historia 30 partidos co balance de 8 victorias para o Ourense (7 na casa e unha fóra), 8 empates e 14 victorias do Salamanca ( 4 no Couto, tres en 2ªA e a última en 2ªB este ano ). O Ourense marcou 36 goles e recibiu 47.
Salvo dous partidos que tiveron lugar dentro do torneo da Copa do ano 76/77 con dúas victorias charras (o Salamanca militaba na 1ª división e o Ourense en 3ª división), os 27 enfrontamentos restantes foron na liga: 16 na 2ª A e 12 na 2ºB.
Das 8 tempadas que o Salamanca militou na 2ºB (esta incluída) seis compartiron grupo, co balance de 4 victorias rojillas, 4 empates e 4 victorias do Salamanca.
Polo tanto nos 6 partidos disputados no Couto militando en 2ºB só venceu o Salamanca no que será o derradeiro partido na historia destes dous conxuntos: 1 empate, 4 victorias locais ( 85/86, 86/87, 92/93 e 93/94) sempre que ganamos marcamos dous goles, e unha única derrota por 0 a 2.
A penúltima visita do Salamanca a Ourense militando na 2ªB foi o 12/9/93 no Campo do Xestal de Ribadavia, por andar en obras o cespede do Couto, e vencemos por 2 a 0, goles de Rodolfo e Quecho, sendo a 1ª victoria que lograba o tándem Teixido-Fuertes ao fronte do equipo vermello, o Salamanca estaba dirixido por Lillo. Esa tempada os dous conxuntos ascenderían a 2ª división A.
Aínda que a última visita ao Couto do Salamanca foi o 3/11/96 no campionato de 2ªA gañando o equipo charro por 1-3, o gol local de Muguerza.
O 31 de marzo de 2013 foi o último partido entre estes dous equipos, gañando o Salamanca 0-2 no estadio do Couto.
Aí van esas imaxes, desgraciadamente, as derradeiras.
Partido da ida no estadio Helmántico, 2-2, os dous tantos rojillos obra de Jona.
.
31 de marzo de 2013. Derradeiro partido. Estadio do Couto 0-2
Partido completo
Fontes:
-www.futbolme.com
- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
-Cartel partido do Couto: vía @CDOurenseSAD
-Imaxes partido Salamanca: Tribuna Salamanca, CylTV e TVG2 vía usuario youtube "Pontevedraparaelmundo".
-Partido Ourense-Salamanca: imaxes da TVG, da Televisión de Castilla y León
No hay comentarios:
Publicar un comentario