viernes, 24 de enero de 2014

Tempada 1997/98: Segunda división A

Nunha segunda división A de 22 equipos CD Ourense salva a categoría no posto 16, nunha tempada na que chegamos a ser líderes en dúas ocasións: o 15 de outubro despois de gañar ao Hércules 2-0 e o 2 de novembro trala victoria no Salto del Caballo de Toledo por 0 a 1. Foi a tempada na que vivimos no estadio do Couto un ascenso a primeira división, na penúltima xornada, o do Extremadura que venceu 0-1 e alcanza un soño que nós aínda non coñecemos.

E tamén unha tempada de cambios: na xunta directiva, abandona Rois a presidencia para dar paso a un grupo empresarial de fóra; todo isto motivado pola conversión a Sociedade Anónima Deportiva; e estrenamos nova denominación: Club Deportivo Ourense.





          

No hay comentarios:

Publicar un comentario