lunes, 25 de febrero de 2013

Eliminando ao Mallorca

Na tempada 1999/2000 C.D. Ourense, que militaba na 2ªB, tivo unha brillante participación na Copa do Rei. Na primeira eliminatoria quedara exento, eliminando na 2ª ronda ao Xetafe, equipo de 2ª división A, gañando os dous partidos:
-no Couto 1-0 con gol de Peláez, o 11 de novembro de 1999, día de San Martiño
-en Xetafe 1-2, o 1 de decembro, con goles de Garitano (p.) e Lambea.

O equipo de Alberto Argibay enfrentouse na seguinte ronda ao Mallorca da 1ª división, entrenado polo galego Fernando Vázquez. Era a sétima vez que xogabamos uns dezaseisavos de final da Copa e a cuarta vez que iamos superar esta ronda. En oitavos cruzariamonos co Barça, pero esa é outra historia.

O 15 de decembro de 1999 empatabamos no Couto 2-2 co equipo balear. Os goles ourensás foron obra de Roberto e Óscar Martínez.

Cando as posibilidades para superar a eliminatoria parecían poucas produciuse a sorpresa o 12 de xaneiro do ano 2000 ao gañar 1-2 en Son Moix con goles de Chema e Óscar Martínez.

Foi a última vez que eliminamos a un primeira división.




  

Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -Vídeo e Audio facilitado por J. Telle

Imaxes orixinais da TVG.
Audio orixinal da Radio Galega. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario