viernes, 17 de enero de 2014

Racing de Ferrol

Este domingo terá lugar o enfrontamento número 40 en partido de liga entre estes dous equipos. O primeiro data do 25 de outubro de 1959, na segunda división, no que ganou CD Ourense, na casa, 4 a 1.

Polo tanto, ata hoxe, 39 partidos (4 na segunda, 21 na 2ªB e 14 na terceira) que se resumen en:
-12 gañados polo Ourense
-14 empatados
-13 gañados polo Racing

con 50 goles a favor do Ourense, e 49 a favor do Racing.

No campo do Racing o equipo vermello perdeu 10 veces, empatou 7 e só gañou 2 veces ( 1-3, o 5 de maio de 1985 na terceira, e, a última, o 4 de febreiro de 1990, 0-2, na 2ªB), ambas no antigo campo Manuel Rivera, situado no barrio de O Inferniño.

No campo actual, A Malata, inaugurado o 29 de agosto de 1993, CD Ourense non gañou nunca, xogou 9 veces ( 7 en liga e 2 na copa), perdendo en 6 ocasións e empatando en 3.

E xa que falamos da Copa, indicar que xogaron tres eliminatorias (78/79, 95/96 e 96/97) resultando eliminado sempre CD Ourense (sumando 2 empates e 4 derrotas).

Lembramos o partido da primeira volta desta liga na que o Racing de Ferrol gañou 1-2 no Couto.





miércoles, 8 de enero de 2014

Primeira victoria de CD Ourense no Multiusos de S.Lázaro


 C.D. Ourense venceu por primeira vez en partido de liga no Estadio Multiusos de S. Lázaro da cidade de Santiago de Compostela. O estadio, con capacidade para 13.000 espectadores, foi inaugurado o 24 de xuño de 1993, substituíndo ao vello campo de Santa Isabel.

Na quinta visita ligueira acada o equipo vermello a súa primeira victoria neste campo (5/01/2014) ante o Compostela en partido da 2ªB, tras remontar o gol inicial local de Jimmy (m.45) con dous goles do dianteiro ourensá Gustavo Souto (m.68 e 91).


Das catro ocasións anteriores que CD Ourense xogou en San Lázaro perdeu os tres enfrontamentos coa SD Compostela e empatou co Ciudad de Santiago a cero goles o 20/09/2009 en terceira división (aínda que este resultado non se considera oficial xa que o equipo compostelá desapareceu ese mesmo mes de decembro polo que non se consideraron os resultados anteriores).

A primeira visita o foi 20/06/1999, na segunda división con victoria local por 3 a 0, no último partido dunha liga que nos levaba de volta á 2ªB.

A seguinte visita, na 2ªB, foi o 2/03/2002 no que volveu gañar o equipo local por 1-0, gol de Juanito.

O último enfrontamento co Compostela, igual que o último partido xogado neste campo, foi militando na 3ª división o 9/10/2008, e o único antecedente ata este domingo no que conseguimos marcar en S.Lázaro, aínda que rematou con derrota vermella: 3-2.

                                        

Fontes: www.futbolme.com
Video youtube: usuario trevinho22

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Históricos: CD Ourense -Racing de Santander

Chega ao Couto un histórico do fútbol español: o Real Racing Club de Santander. Equipo centenario que militou 44 tempadas na primeria división.

Con anterioridade a esta foron cinco as tempadas que compartimos liga co equipo cántabro, todas elas na segunda división: 59/60, 62/63, 63/64, 64/65 e 74/75.
Antiguo Campo de Sport - Santander

Polo tanto, 39 anos despois, esta vez na 2ºB, voltamos coincidir nunha liga.

Aínda que o último partido oficial data de hai 36 anos, nun enfrontamento copero de primeira ronda, onde un Ourense de 2ªB era eliminado polo equipo da 1ª división, cun parcial de 3-0. 

Polo tanto a última visita oficial do Racing de Santander ao estadio do Couto foi o 14 de setembro de 1977 co resultado de 0-2. En partido de liga deberiamos remontarnos ao 16 de marzo de 1975 con victoria visitante por 0-1.

A única victoria de CD Ourense sobre o Racing de Santander data do 7 de febreiro de 1960 cando gañamos 1-0, gol de Chicha. Nesta tempada na 2ª división, primeira na que compartiamos categoría, estivemos disputando con eles ata última hora polo ascenso a primeira división, que eles acadaron finalmente, conformándonos nós co 3º posto que nos deixou cerca de bicar o ceo do fútbol. Xogaron por C.D. Ourense: Gelucho, Felipe, Lasheras, Orbán, Pastor, Rebeca, Cebrián, Matito, Chicha, Rivera y Malet.
Actual campo do Racing
A nosa historia resúmese nos seguintes datos:
-12 partidos xogados, 10 de liga (2ª div.) e 2 de copa
-1 victoria de CD Ourense, 7 do Racing e 4 empates
- 8 goles de CD Ourense e 17 do Racing (14 en ligas, 3 en copa)
-No Couto, en liga: 1 victoria do Ourense, 2 empates e 2 victorias do Racing. Máis unha en copa.

"In memoriam: Manolo Preciado"
Xogador do Racing de Santander: 1978-1982
Xogador de CD Ourense: 1986-1990






Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -www.futbolme.com 
Imaxes: -www.realracingclub.es
            - www.lavozdegalicia.es
            - www.marca,es
           - barbadas.blogspot.es

viernes, 15 de noviembre de 2013

Tempada 1996/97: Segunda división A



Despois de acadar o ascenso a segunda división a tempada anterior, recuperando a categoría en tan só un ano, CD Ourense remataría salvándose na última xornada ganando 2-3 en Almería, co novo técnico Luis Rodríguez Vaz, tras o cese na penúltima xornada de Antonio Teixidó.

CD Ourense alcanzaba o posto 15º con 44 puntos, tras 11 partidos ganados, 8 deles no Couto; 11 empates, 8 deles fóra; e 16 perdidos, 8 na casa. Con 35 goles a favor, 22 no Couto e 13 a dominicilio, encaixaban 46, 19 na casa e 27 fóra.

Aí vos deixamos os resumos dos partidos de liga, vía TVG.

viernes, 4 de octubre de 2013

Tempada 2013/14



lunes, 1 de julio de 2013

Carné de socio 2012/13

                                          60 aniversario: Obxectivo 3000  

                                                                     EU SON

martes, 14 de mayo de 2013

Ourense 5 - Avilés 3

O  21  de abril de 2013 deuse no estadio do Couto por primeira na historia de CD Ourensee este resultado (5-3) en partido de Liga,  con remontada incluída nos últimos minutos. Foi na xornada 34 e resultou un partido decisivo para manter a categoría na 2ºB. Marcamos tantos goles nese partido como nos nove anteriores. Só había un precedente deste resultado, foi na Copa, o 13 de marzo de 1960, un Ourense que militaba na 2ª división gañou por 5 a 3 ao Raio Vallecano.

Aproveitamos a ocasión para lembrar todos os partidos de liga nos que  CD Ourense marcou 5 goles. Foi, con esta, en 44 ocasións.