miércoles, 11 de diciembre de 2013

Históricos: CD Ourense -Racing de Santander

Chega ao Couto un histórico do fútbol español: o Real Racing Club de Santander. Equipo centenario que militou 44 tempadas na primeria división.

Con anterioridade a esta foron cinco as tempadas que compartimos liga co equipo cántabro, todas elas na segunda división: 59/60, 62/63, 63/64, 64/65 e 74/75.
Antiguo Campo de Sport - Santander

Polo tanto, 39 anos despois, esta vez na 2ºB, voltamos coincidir nunha liga.

Aínda que o último partido oficial data de hai 36 anos, nun enfrontamento copero de primeira ronda, onde un Ourense de 2ªB era eliminado polo equipo da 1ª división, cun parcial de 3-0. 

Polo tanto a última visita oficial do Racing de Santander ao estadio do Couto foi o 14 de setembro de 1977 co resultado de 0-2. En partido de liga deberiamos remontarnos ao 16 de marzo de 1975 con victoria visitante por 0-1.

A única victoria de CD Ourense sobre o Racing de Santander data do 7 de febreiro de 1960 cando gañamos 1-0, gol de Chicha. Nesta tempada na 2ª división, primeira na que compartiamos categoría, estivemos disputando con eles ata última hora polo ascenso a primeira división, que eles acadaron finalmente, conformándonos nós co 3º posto que nos deixou cerca de bicar o ceo do fútbol. Xogaron por C.D. Ourense: Gelucho, Felipe, Lasheras, Orbán, Pastor, Rebeca, Cebrián, Matito, Chicha, Rivera y Malet.
Actual campo do Racing
A nosa historia resúmese nos seguintes datos:
-12 partidos xogados, 10 de liga (2ª div.) e 2 de copa
-1 victoria de CD Ourense, 7 do Racing e 4 empates
- 8 goles de CD Ourense e 17 do Racing (14 en ligas, 3 en copa)
-No Couto, en liga: 1 victoria do Ourense, 2 empates e 2 victorias do Racing. Máis unha en copa.

"In memoriam: Manolo Preciado"
Xogador do Racing de Santander: 1978-1982
Xogador de CD Ourense: 1986-1990






Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -www.futbolme.com 
Imaxes: -www.realracingclub.es
            - www.lavozdegalicia.es
            - www.marca,es
           - barbadas.blogspot.es

viernes, 15 de noviembre de 2013

Tempada 1996/97: Segunda división A



Despois de acadar o ascenso a segunda división a tempada anterior, recuperando a categoría en tan só un ano, CD Ourense remataría salvándose na última xornada ganando 2-3 en Almería, co novo técnico Luis Rodríguez Vaz, tras o cese na penúltima xornada de Antonio Teixidó.

CD Ourense alcanzaba o posto 15º con 44 puntos, tras 11 partidos ganados, 8 deles no Couto; 11 empates, 8 deles fóra; e 16 perdidos, 8 na casa. Con 35 goles a favor, 22 no Couto e 13 a dominicilio, encaixaban 46, 19 na casa e 27 fóra.

Aí vos deixamos os resumos dos partidos de liga, vía TVG.

viernes, 4 de octubre de 2013

Tempada 2013/14



lunes, 1 de julio de 2013

Carné de socio 2012/13

                                          60 aniversario: Obxectivo 3000  

                                                                     EU SON

martes, 14 de mayo de 2013

Ourense 5 - Avilés 3

O  21  de abril de 2013 deuse no estadio do Couto por primeira na historia de CD Ourensee este resultado (5-3) en partido de Liga,  con remontada incluída nos últimos minutos. Foi na xornada 34 e resultou un partido decisivo para manter a categoría na 2ºB. Marcamos tantos goles nese partido como nos nove anteriores. Só había un precedente deste resultado, foi na Copa, o 13 de marzo de 1960, un Ourense que militaba na 2ª división gañou por 5 a 3 ao Raio Vallecano.

Aproveitamos a ocasión para lembrar todos os partidos de liga nos que  CD Ourense marcou 5 goles. Foi, con esta, en 44 ocasións.

viernes, 29 de marzo de 2013

CD Ourense gaña os 30 partidos

Plantilla de CD Ourense da tempada 1967/68

Este domingo na previa do encontro entre Ourense e Salamanca rendirase homenaxe a plantilla de CD Ourense da tempada 1967/68 que aínda conserva un récord difícil de igualar e que 43 anos despois manteñen: ser o único equipo que venceu todos os seus partidos da liga regular, 30 partidos 30 victorias. 

Todos os datos desa tempada histórica

Fontes:
-Foto vía Faro de Vigo
-Historia desa tempada en www. futbolnostalgia.com

Históricos Ourense - Salamanca


Recuperamos, desgraciadamente, esta entrada en homenaxe a Unión Deportiva Salamanca no día da súa desaparición despois de 90 anos de historia.

CD Ourense e UD Salamanca disputaron ao longo da súa historia 30 partidos co balance de 8 victorias para o Ourense (7 na casa e unha fóra), 8 empates e 14 victorias do Salamanca ( 4 no Couto, tres en 2ªA e a última en 2ªB este ano ). O Ourense marcou 36 goles e recibiu 47.

Salvo dous partidos que tiveron lugar dentro do torneo da Copa do ano 76/77 con dúas victorias charras (o Salamanca militaba na 1ª división e o Ourense en 3ª división), os 27 enfrontamentos restantes foron na liga: 16 na 2ª A e 12 na 2ºB.

Das 8 tempadas que o Salamanca militou na 2ºB (esta incluída) seis compartiron grupo, co balance de 4 victorias rojillas, 4 empates e 4 victorias do Salamanca.

Polo tanto nos 6 partidos disputados no Couto militando en 2ºB só venceu o Salamanca no que será o derradeiro partido na historia destes dous conxuntos: 1 empate, 4 victorias locais ( 85/86, 86/87, 92/93 e 93/94)  sempre que ganamos marcamos dous goles, e unha única derrota por 0 a 2.

A penúltima visita do Salamanca a Ourense militando na 2ªB foi o 12/9/93 no Campo do Xestal de Ribadavia, por andar en obras o cespede do Couto, e vencemos por 2 a 0, goles de Rodolfo e Quecho, sendo a 1ª victoria que lograba o tándem Teixido-Fuertes ao fronte do equipo vermello, o Salamanca estaba dirixido por Lillo. Esa tempada os dous conxuntos ascenderían a 2ª división A.

Aínda que a última visita ao Couto do Salamanca foi o 3/11/96 no campionato de 2ªA gañando o equipo charro por 1-3, o gol local de Muguerza.

O 31 de marzo de 2013 foi o último partido entre estes dous equipos, gañando o Salamanca 0-2 no estadio do Couto.

Aí van esas imaxes, desgraciadamente, as derradeiras.

Partido da ida no estadio Helmántico, 2-2, os dous tantos rojillos obra de Jona.
  
.





31 de marzo de 2013. Derradeiro partido. Estadio do Couto 0-2

Partido completo


 

Fontes:

            -www.futbolme.com   
            - Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense         
           -Cartel partido do Couto: vía @CDOurenseSAD
           -Imaxes partido Salamanca:  Tribuna Salamanca, CylTV e TVG2 vía usuario youtube "Pontevedraparaelmundo".
          -Partido Ourense-Salamanca: imaxes da TVG, da Televisión de  Castilla y León

martes, 26 de marzo de 2013

Atl.Madrid, último rival de primeira división


Entrada do partido CD Ourense - Atl. Madrid
O 27 de outubro de 2004 CD Ourense disputaba o seu último encontro oficial tendo como rival un conxunto da 1ª división. Tratábase do histórico Atlético de Madrid. O partido correspondía aos trintaedousavos da Copa da tempada 2004/05, e disputouse a partido único no estadio do Couto. Unha pena, pero o partido tivo pouca historia. Venceu 0 a 3 o conxunto colchoneiro con goles de Fernando Torres (m.4), Salva Ballesta (m.43) e Nano (m.54). O Ourense militaba na 2ªB.


Minuto 4 Gol de Fernando Torres na súa páxina oficial

Minuto 4 Gol de Fernando Torres en Youtube

                      Primeira parte (minuto 10 a 45)


           
                                  Segunda parte  



 Ficha do partido na páxina oficial do Atl. Madrid

Previa do partido no xornal AS

Comentario do partido na páxina oficial do clube colchoneiro

Fontes:
-Vídeos cedidos por J.Telle
-Imaxes da Televisión de Galicia
-Enlaces gol de F. Torres: na súa páxina oficial e en Youtube usuario:1991atletico 
-Páxina oficial do Atlético de Madrid
-Xornal As
-Entrada cedida por F.Telle

miércoles, 13 de marzo de 2013

Qué noche!

O partido da copa entre Barça e Ourense (0-0) do ano 2000 e a remontada en Champions do 2013 do Barça frente ao Milán (4-0) inspiraron o mesmo titular aos xornalistas do diario catalán "El mundo deportivo": simple casualidade ou algún mensaxe en clave? Bogarde nun caso, Villa noutro, tratan de indicarnos algo? Similitudes italo-galaicas? Non será polo resultado. Estarán cerca os tempos de repetir fazaña? A resposta terá que esperar.

3 de febreiro do 2000 Barça 0 - Ourense 0

13 de marzo de 2013 Barça 4 - Milan 0

lunes, 11 de marzo de 2013

F.C. Barcelona - C.D. Ourense

Portada de El Mundo Deportivo do 3 de febreiro do 2000
 Poucos equipos de fútbol poden presumir de estar imbatidos e, polo tanto, invictos no Nou Camp. CD Ourense é un deles, aínda que se limite a unha única visita. Foi o 2 de febreiro do ano 2000, no partido de volta da Copa dos oitavos de final, co resultado de 0-0.

Ironizaban na prensa catalana sobre o partido do seu equipo con foto de Bogarde, pero acertaban co titular para a historia vermella: QUE NOITE! "Bogarde fue el mejor de un Barça incapaz de batir al Ourense". Toda España puido disfrutar daquel partido que se emitiu por sistema de pago. Quen suscribe esta liñas o viu nun bar en Langreo (Asturias). Esos detalles nunca se esquecerán.

No partido disputado unha semana antes no Couto rematara cun 1-2 que puña a eliminatoria moi costa arriba. Pese a que os nosos xogadores chegaban con todas as ilusións a Barcelona, como se pode comprobar no seguinte vídeo.

C.D. Ourense: Ramón, Xurxo, Chema, Roberto, Lambea, Alex (Conget m.56), Garitano, Djurjevic, Adolfo (Dani Cobo), Jorge Sánchez (Óscar Martínez m.64) y Juanmi.

F.C. Barcelona: Hesp, Dehu, Frank de Boer, Bogarde, Puyol, Luis Enrique, Xavi, Ronald de Boer, Simao (Mario m.66), Dani y Figo.


                                                                    1ª Parte



                                                                   2ª Parte


                                                                                                                  
                                                                 
                                                           Comentarios finais

Crónica do partido en catalán


Fontes:
            -Portada do Mundo Deportivo: http://centredesportslhospitalet.blogspot.com
          -Imaxes de televisión facilitadas por J.Telle
         
Imaxes orixinais de TVG e Televisión de pago.. 

miércoles, 27 de febrero de 2013

CD Ourense - Real Oviedo

Entrada do partido do Nuevo Tartiere de outubro de 2012
 CD Ourense e o Real Oviedo enfrontáronse 9 veces en partido oficial: en 4 ocasións na 2ª división e 5 na 2ªB, cos seguintes resultados:

2ªdivisión      4/01/1970   Carlos Tartiere    Oviedo 3 - Ourense 0
                    31/05/1970       O Couto          Ourense 2 (Tapeto, Rubiñán) - Oviedo 0   

2ª división     8/12/1974   Carlos Tartiere    Oviedo 0 - Ourense 0
                    20/04/1975       O Couto          Ourense 1(Pataco) - Oviedo 1

2ªB              14/01/1979   Carlos Tartiere    Oviedo 0 - Ourense 1 (Luis)
                     3/06/1979          O Couto        Ourense 0 - Oviedo 1

2ªB             14/10/2012    Nuevo Carlos Tartiere   Oviedo 1 (Manu Busto) - Ourense 1 (Jona)
                     3/03/2013          O Couto                  Ourense 0 - Oviedo 0

2ªB               22/09/2013      O Couto       Ourense 2 (Borja Valle, Iker Alegre) - Oviedo 1 (Eneko)

Quinta tempada (2013/14)  na que compartimos categoría, xogando ata agora sempre inicialmente en Oviedo, con resultados equilibrados: sempre se da o mesmo desencelace nos dous campos. Así que a historia non invita a ser moi optimistas para esta xornda.

3 victorias para Ourense, 2 victorias para Oviedo e 4 empates.

Quinta visita oficial do Real Oviedo ao estadio do Couto (22/9/2013) que ascendeu en 2 das catro tempadas (74/75 e 78/79) na que compartiu categoría con Ourense, mentres o equipo vermello descendeu en 2 desas catro tempadas (69/70 e 74/75), sempre militando na 2ª división.

Destacar que no equipo carbayón da tempada 74/75 xogaba de defensa Pepe Carrete que sería posteriormente entrenador do equipo vermello (91/92 e 92/93).

C.D. Ourense xogou en 3 ocasións no Carlos Tartiere, antigo campo de Buenavista, construido no ano 1932, e xa na tempada pasada xogou no espectacular Nuevo Tartiere, inaugurado no ano 2000.



Deixamos o resumo do partido do Nuevo Tartiere, un dos mellores partidos do Ourense da tempada 2012/13 (14/10/2012)

                                                                       TVG2 


                                                            Televisión Asturiana
 

Na tempada 2012/13 o dianteiro Óscar Martínez xogou no Oviedo na primeira volta e con CD Ourense no partido de volta.

Partido do estadio do Couto do 3/3/13


Imaxes da marea azulona que invadiu o estadio do Couto en 2013

Partido do Couto da primeira volta (22/09/2013)



Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -www.futbolme.com 
Entrada cedida por F.Telle
Imaxe CC de YoaR
Vídeos enlazados de Youtube dos usuarios "Pontevedraparaelmundo", "Jmldlr" e "Videoblogasturias"
Imaxes  orixinais da TVG2e A7(televisión asturiana)
Enlaces:

martes, 26 de febrero de 2013

C.D.Ourense - F.C.Barcelona

Na tempada 1999/2000, despois de eliminar ao Mallorca da 1ª división, tocou o "premio gordo": o F.C. Barcelona.
(Eran moitos anos esperando, concretamente dende a tempada 74/75 na que nos cruzaramos co R.Madrid, tamén na Copa)

Entrada do partido disputado no Couto



Eran os oitavos de final da Copa do Rei, e por primeira vez iamos xogar co FC Barcelona en competición oficial. (O 20 de outubro de 1973 xa xogara o primeiro equipo do Barça un encontro amigable no campo do Ourense polo traspaso de Manolo Tomé; curiosamente ese foi o primeiro encontro en España de Johan Cruyff fóra do Nou Camp).E ademais a dobre partido.

                                                        Imaxes do sorteo e reaccións

O partido de ida celebrouse no Estadio do Couto o 20 de xaneiro do 2000 e foi todo un acontecemento na cidade das Burgas, como se pode ver nos seguintes vídeos.

                                          Previa do partido nos telexornais de Antena 3 e TVE

Cunha grada supletoria nun dos fondo presenciaron o partido en directo preto de oito mil persoas. Entre cinco mil e dez mil pesetas custaron as entradas que foron moi demandadas. O presidente Manolo Rois premiou a fidelidade dos seus socios facendo que estes non pagaran e, moi intelixentemente, sacou un carné por quince mil pesetas que incluía o partido e o resto da tempada conseguindo aumentar o número de socios esa campaña.

                                                       Previa ao partido no telexornal da TVG

O partido foi televisado polas canles autonómicas e pola 2ª cadea da TVE.
O equipo de Louis van Gaal presentou a seguinte alineación: Hesp, Ronald de Boer, Bogarde, Frank de Boer, Sergi, Luis Enrique, Guardiola, Rivaldo (Gabrich), Zenden (Mario), Simao y Dani.

O equipo vermello entrenado por Alberto Argibay xogou con: Ramón, Xurxo (Agustín), Chema, Roberto, Lambea. Garitano, Conget (Dani Cobo), Djurjevic, Adolfo, Jorge Sánchez y Óscar Martínez.

Ourense 1 (Óscar Martínez) - Barcelona 2 (Luis Enrique, Dani)

                                                      PRIMEIRA PARTE (pola TVG)




                                                             SEGUNDA PARTE





   Se queres ver a retransmisión que fixo TVE pulsa en "máis información"

lunes, 25 de febrero de 2013

Eliminando ao Mallorca

Na tempada 1999/2000 C.D. Ourense, que militaba na 2ªB, tivo unha brillante participación na Copa do Rei. Na primeira eliminatoria quedara exento, eliminando na 2ª ronda ao Xetafe, equipo de 2ª división A, gañando os dous partidos:
-no Couto 1-0 con gol de Peláez, o 11 de novembro de 1999, día de San Martiño
-en Xetafe 1-2, o 1 de decembro, con goles de Garitano (p.) e Lambea.

O equipo de Alberto Argibay enfrentouse na seguinte ronda ao Mallorca da 1ª división, entrenado polo galego Fernando Vázquez. Era a sétima vez que xogabamos uns dezaseisavos de final da Copa e a cuarta vez que iamos superar esta ronda. En oitavos cruzariamonos co Barça, pero esa é outra historia.

O 15 de decembro de 1999 empatabamos no Couto 2-2 co equipo balear. Os goles ourensás foron obra de Roberto e Óscar Martínez.

Cando as posibilidades para superar a eliminatoria parecían poucas produciuse a sorpresa o 12 de xaneiro do ano 2000 ao gañar 1-2 en Son Moix con goles de Chema e Óscar Martínez.

Foi a última vez que eliminamos a un primeira división.




  

Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -Vídeo e Audio facilitado por J. Telle

Imaxes orixinais da TVG.
Audio orixinal da Radio Galega. 

domingo, 3 de febrero de 2013

Coqueteando coa 1ª división

Aínda que CD Ourense nunca xogou na primeira división, ao longo da súa historia disputou 35 partidos oficiais contra equipos que militaban na división de ouro da liga española, sempre dentro do torneo da Copa.

Os datos dese coqueteo cos grandes resumense en:

-35 partidos disputados

-7 partidos ganados (a Español 2-0 no 59/60, ao Ath. Bilbao 3-1 na 59/60, ao Valladolid 1-0 na 60/61, a Real Sociedade 1-3 e 4-3 na 63/64, ao Mallorca 1-2 na 99/00, e ao Celta 0-1 no 97/98 -logo perdimos o partido na prórroga-).

-6 empatados (todos na casa: contra Granada 1-1 no 72/73, R.Madrid 0-0 no 74/75, Osasuna 1-1 no 86/87, Mallorca 2-2 no 99/00, Valladolid 1-1 no 2001/02; menos un empate no Nou Camp contra o FC Barcelona 0-0 no ano 99/00).

domingo, 27 de enero de 2013

A historia en cifras

Ano de fundación: 1952   Ano de desaparición: 2014

Militou 13 veces na 2ª división, 22 na 2ªB, 24 na 3ª división e unha na Serie Regional A, grupo galego-sur.

A súa mellor posición na 2ªA foi 3º: nas tempadas 59/60 e 61/62.

Na 2ªB foi 2º en dúas ocasións: tempada 99/2000 e 2000/01.

Na 3ª división foi campión 7 veces: 2011/12, 72/73, 68/69, 67/68, 66/67, 58/59 e 56/57.