martes, 1 de abril de 2014

CD Ourense e a Copa Federación

A “Copa Real Federación Española de Fútbol”, tamén coñecida como “Copa Federación”, é unha competición nacional de fútbol de carácter oficial celebrada e organizada pola Real Federación Española de Fútbol. Dispútase anualmente polos clubs da Segunda División B que non accederon a disputar a copa do Rei, e algúns da Terceira División máis os equipos que quedaron  eliminados na primeira rolda da Copa do Rei.

Dispútase en dúas fases: unha primeira de carácter autonómico, da que sae un campión, e unha segunda, a nivel nacional, na que participan os vencedores de cada Comunidade Autónoma, máis o vencedor da tempada anterior e os clubs eliminados da Copa do Rei. 

A competición foi creada no 1945 e unicamente se disputaron seis edicións ata 1953 con finais a partido único, momento no que deixou de disputarse. Novamente restáurase en 1993 pola Real Federación Española de Fútbol. 

Nas 26 edicións celebradas ata agora contabilízanse 23 gañadores distintos, entre os que destacan  Alavés, Málaga, Córdoba, Xaén e Valladolid. O equipo que máis veces acadou o título foi o Puertollano, en tres ocasións, aínda que baixo distintas denominacións (Puertollano Industrial 1993/94, UD Puertollano 2005/06 e CD Puertollano 2010/11). O Xaén conta con dous títulos 1951/52 (frente a UD Orensana) e 2008/2009.

O primeiro gañador foi o Futbol Club Martinenc no ano 1945, equipo barcelonés que na época tivo que castelanizar o seu nome en UD San Martín.

O vixente campión é o UE Sant Andreu (2013/14).

Campións Copa Federación 2007/08

CD Ourense ten un título, o acadado na tempada 2007/08  tras gañar na final ao CF Reus Desportiu tras vencer 2-1  (dous de Anxo) no Couto e empatar 1-1 (Osvaldo) fóra. Ademais eliminou a Órdenes (2-2 / 0-0), Cerceda (1-1 / 0-1), Coruxo (3-2 / 1-3), Ferriolense (2-1 / 0-4), Noja (0-2 / 0-1) e Tuilla(1-0 / 2-3). O entrenador era Manolo Tomé.  Yosu, Portela, Yebra e Xaime Noguerol estaban naquel equipo polo que poden repetir título.
 Os outros equipos galegos que teñen o título son: Celta B (2001/02) e Pontevedra (2006/07).


 O vencedor do trofeo ademais do título embólsase 90.000€ de premio.

O noso rival na final, o CD Guadalajara, procede da eliminación da primeira rolda da Copa do Rei onde caiu a partido único por 2-1 na casa do FC Cartagena; e accede á final tras eliminar a CD Tenerife B, Atlético de Pinto, Real Zaragoza B e Novelda con 16 goles a favor e 9 en contra.

Campión autonómico frente ao Compos

Pola súa parte CD Ourense eliminou a Alondras (1-1 / 2-0), Compostela (1-0) –na final autonómica, a partido único-, Laredo (0-1 / 4-0), Marino de Luanco (1-0 / 0-3), Alcalá de Gudaira (3-1 / 6-1) e Balmaseda (3-0 / 2-0). Con 23 goles a favor e 7 goles en contra. 
Escudo da UD Orensana






Para rematar sinalar un novo dato que asocia a historia do fútbol ourensán á Copa Federación xa que o derradeiro partido que disputou a Unión Deportiva Orensana, precedente do equipo bermello, foi a final deste torneo da edición de 1952 que disputou en Madrid no Estadio Metropolitano do Atlético de Aviación-Atlético de Madrid contra o Real Jaén, perdendo por 5-1. 




 CD Ourense pode converterse no segundo equipo, xunto ao Xaén, en ter máis Copas Federación.

O capitán Yebra recollendo a copa do 2007/08

Fontes:
-www.rfef.es
-www.futbolme.com
-www.wikipedia.com
-La Región 4/4/2008
-Club Deportivo Ourense, Jose Manuel Fernández Sobrino
Fotos: La Región / wikipedia
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario