Despois de acadar o ascenso a segunda división a tempada anterior, recuperando a categoría en tan só un ano, CD Ourense remataría salvándose na última xornada ganando 2-3 en Almería, co novo técnico Luis Rodríguez Vaz, tras o cese na penúltima xornada de Antonio Teixidó.
CD Ourense alcanzaba o posto 15º con 44 puntos, tras 11 partidos ganados, 8 deles no Couto; 11 empates, 8 deles fóra; e 16 perdidos, 8 na casa. Con 35 goles a favor, 22 no Couto e 13 a dominicilio, encaixaban 46, 19 na casa e 27 fóra.
Aí vos deixamos os resumos dos partidos de liga, vía TVG.
O 21 de abril de 2013 deuse no estadio do Couto por primeira na historia de CD Ourensee este resultado (5-3) en partido de Liga, con remontada incluída nos últimos minutos. Foi na xornada 34 e resultou un partido decisivo para manter a categoría na 2ºB. Marcamos tantos goles nese partido como nos nove anteriores. Só había un precedente deste resultado, foi na Copa, o 13 de marzo de 1960, un Ourense que militaba na 2ª división gañou por 5 a 3 ao Raio Vallecano.
Aproveitamos a ocasión para lembrar todos os partidos de liga nos que CD Ourense marcou 5 goles. Foi, con esta, en 44 ocasións.
Este domingo na previa do encontro entre Ourense e Salamanca rendirase homenaxe a plantilla de CD Ourense da tempada 1967/68 que aínda conserva un récord difícil de igualar e que 43 anos despois manteñen: ser o único equipo que venceu todos os seus partidos da liga regular, 30 partidos 30 victorias.
Recuperamos, desgraciadamente, esta entrada en homenaxe a Unión Deportiva Salamanca no día da súa desaparición despois de 90 anos de historia.
CD Ourense e UD Salamanca disputaron ao longo da súa historia 30 partidos co balance de 8 victorias para o Ourense (7 na casa e unha fóra), 8 empates e 14 victorias do Salamanca ( 4 no Couto, tres en 2ªA e a última en 2ªB este ano ). O Ourense marcou 36 goles e recibiu 47.
Salvo dous partidos que tiveron lugar dentro do torneo da Copa do ano 76/77 con dúas victorias charras (o Salamanca militaba na 1ª división e o Ourense en 3ª división), os 27 enfrontamentos restantes foron na liga: 16 na 2ª A e 12 na 2ºB.
Das 8 tempadas que o Salamanca militou na 2ºB (esta incluída) seis compartiron grupo, co balance de 4 victorias rojillas, 4 empates e 4 victorias do Salamanca.
Polo tanto nos 6 partidos disputados no Couto militando en 2ºB só venceu o Salamanca no que será o derradeiro partido na historia destes dous conxuntos: 1 empate, 4 victorias locais ( 85/86, 86/87, 92/93 e 93/94) sempre que ganamos marcamos dous goles, e unha única derrota por 0 a 2.
A penúltima visita do Salamanca a Ourense militando na 2ªB foi o 12/9/93 no Campo do Xestal de Ribadavia, por andar en obras o cespede do Couto, e vencemos por 2 a 0, goles de Rodolfo e Quecho, sendo a 1ª victoria que lograba o tándem Teixido-Fuertes ao fronte do equipo vermello, o Salamanca estaba dirixido por Lillo. Esa tempada os dous conxuntos ascenderían a 2ª división A.
Aínda que a última visita ao Couto do Salamanca foi o 3/11/96 no campionato de 2ªA gañando o equipo charro por 1-3, o gol local de Muguerza.
O 31 de marzo de 2013 foi o último partido entre estes dous equipos, gañando o Salamanca 0-2 no estadio do Couto.
Aí van esas imaxes, desgraciadamente, as derradeiras.
Partido da ida no estadio Helmántico, 2-2, os dous tantos rojillos obra de Jona.
.
31 de marzo de 2013. Derradeiro partido. Estadio do Couto 0-2
O 27 de outubro de 2004 CD Ourense disputaba o seu último encontro oficial tendo como rival un conxunto da 1ª división. Tratábase do histórico Atlético de Madrid. O partido correspondía aos trintaedousavos da Copa da tempada 2004/05, e disputouse a partido único no estadio do Couto. Unha pena, pero o partido tivo pouca historia. Venceu 0 a 3 o conxunto colchoneiro con goles de Fernando Torres (m.4), Salva Ballesta (m.43) e Nano (m.54). O Ourense militaba na 2ªB.
Fontes: -Vídeos cedidos por J.Telle -Imaxes da Televisión de Galicia -Enlaces gol de F. Torres: na súa páxina oficial e en Youtube usuario:1991atletico -Páxina oficial do Atlético de Madrid -Xornal As -Entrada cedida por F.Telle