viernes, 21 de febrero de 2014

Trofeo de Corpus de fútbol da cidade de Ourense

En xuño de 1952 celebrábase o I Trofeo do Corpus de fútbol (coincidindo coas festas grandes de Ourense)  coa participación do Celta, Deportivo da Coruña e Sevilla, resultando o primeiro gañador o equipo vigués. CD Ourense non participou ata a quinta edición, acadando o seu primeiro Trofeo do Corpus no ano 1959, gañando 3-2 ao Deportivo. Na década dos 70 aínda temos noticias da celebración do Trofeo das festas de Ourense, e ao longo dos anos participaron tanto equipos nacionais como internacionais (Sport Club Recife, Belenenses, Sport Enschede, Beiramar, Sporting de Braga...). Dende 1961 o trofeo é unha enorme reprodución das Burgas.

A continuación recollemos o artigo de Ricardo Gago publicado na Región do 15 de febreiro de 2014:

Iribar
  
        "Aquellos trofeos del Corpus"



Durante las antiguas Fiestas de Corpus había unos “números estrella” de saraos atractivos, como eran la Batalla de Flores, el Descenso del Miño, el Festival de la Canción y como no, el Trofeo de Corpus de fútbol.




viernes, 7 de febrero de 2014

O Ourense gaña 30 de 30

Volvemos ao ano 1968, e a aquel mítico CD Ourense que se fixo famoso en todo o estado español. Recollemos nesta ocasión o artigo que o xornalista deportivo Alfredo Relaño publicou no diario El País o luns 17 de xuño de 2013, na súa sección "Memorias en blanco y negro".

Podes ler o artigo completo no seu blog.

Foto tomada do artigo.

viernes, 31 de enero de 2014

Tempada 1998/99: Última participación na 2ª A

Desastrosa campaña a todos os niveis: institucional e deportivamente. Tres entrenadores (Emilio Cruz, Hernández Fuertes e Rodríguez Vaz) que foron incapaces de evitar a última posición da liga.

O última partido de CD Ourense na 2ª división, ata o momento, tivo lugar o 20 de xuño de 1999 en San Lázaro onde perdemos por 3-0 frente ao Compostela.

O último partido celebrado no estadio do Couto, na división de prata, foi o sábado 12 de xuño de 1999 diante de máis aficionados visitantes que locais, xa que, nese partido o Numancia, de Miguel Ángel Lotina, acadou o ascenso á primeira división tras vencer 0-2. Novamente contemplando a gloria deportiva que a nós se nos nega, no noso propio campo.


viernes, 24 de enero de 2014

Tempada 1997/98: Segunda división A

Nunha segunda división A de 22 equipos CD Ourense salva a categoría no posto 16, nunha tempada na que chegamos a ser líderes en dúas ocasións: o 15 de outubro despois de gañar ao Hércules 2-0 e o 2 de novembro trala victoria no Salto del Caballo de Toledo por 0 a 1. Foi a tempada na que vivimos no estadio do Couto un ascenso a primeira división, na penúltima xornada, o do Extremadura que venceu 0-1 e alcanza un soño que nós aínda non coñecemos.

E tamén unha tempada de cambios: na xunta directiva, abandona Rois a presidencia para dar paso a un grupo empresarial de fóra; todo isto motivado pola conversión a Sociedade Anónima Deportiva; e estrenamos nova denominación: Club Deportivo Ourense.





          

viernes, 17 de enero de 2014

Racing de Ferrol

Este domingo terá lugar o enfrontamento número 40 en partido de liga entre estes dous equipos. O primeiro data do 25 de outubro de 1959, na segunda división, no que ganou CD Ourense, na casa, 4 a 1.

Polo tanto, ata hoxe, 39 partidos (4 na segunda, 21 na 2ªB e 14 na terceira) que se resumen en:
-12 gañados polo Ourense
-14 empatados
-13 gañados polo Racing

con 50 goles a favor do Ourense, e 49 a favor do Racing.

No campo do Racing o equipo vermello perdeu 10 veces, empatou 7 e só gañou 2 veces ( 1-3, o 5 de maio de 1985 na terceira, e, a última, o 4 de febreiro de 1990, 0-2, na 2ªB), ambas no antigo campo Manuel Rivera, situado no barrio de O Inferniño.

No campo actual, A Malata, inaugurado o 29 de agosto de 1993, CD Ourense non gañou nunca, xogou 9 veces ( 7 en liga e 2 na copa), perdendo en 6 ocasións e empatando en 3.

E xa que falamos da Copa, indicar que xogaron tres eliminatorias (78/79, 95/96 e 96/97) resultando eliminado sempre CD Ourense (sumando 2 empates e 4 derrotas).

Lembramos o partido da primeira volta desta liga na que o Racing de Ferrol gañou 1-2 no Couto.





miércoles, 8 de enero de 2014

Primeira victoria de CD Ourense no Multiusos de S.Lázaro


 C.D. Ourense venceu por primeira vez en partido de liga no Estadio Multiusos de S. Lázaro da cidade de Santiago de Compostela. O estadio, con capacidade para 13.000 espectadores, foi inaugurado o 24 de xuño de 1993, substituíndo ao vello campo de Santa Isabel.

Na quinta visita ligueira acada o equipo vermello a súa primeira victoria neste campo (5/01/2014) ante o Compostela en partido da 2ªB, tras remontar o gol inicial local de Jimmy (m.45) con dous goles do dianteiro ourensá Gustavo Souto (m.68 e 91).


Das catro ocasións anteriores que CD Ourense xogou en San Lázaro perdeu os tres enfrontamentos coa SD Compostela e empatou co Ciudad de Santiago a cero goles o 20/09/2009 en terceira división (aínda que este resultado non se considera oficial xa que o equipo compostelá desapareceu ese mesmo mes de decembro polo que non se consideraron os resultados anteriores).

A primeira visita o foi 20/06/1999, na segunda división con victoria local por 3 a 0, no último partido dunha liga que nos levaba de volta á 2ªB.

A seguinte visita, na 2ªB, foi o 2/03/2002 no que volveu gañar o equipo local por 1-0, gol de Juanito.

O último enfrontamento co Compostela, igual que o último partido xogado neste campo, foi militando na 3ª división o 9/10/2008, e o único antecedente ata este domingo no que conseguimos marcar en S.Lázaro, aínda que rematou con derrota vermella: 3-2.

                                        

Fontes: www.futbolme.com
Video youtube: usuario trevinho22

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Históricos: CD Ourense -Racing de Santander

Chega ao Couto un histórico do fútbol español: o Real Racing Club de Santander. Equipo centenario que militou 44 tempadas na primeria división.

Con anterioridade a esta foron cinco as tempadas que compartimos liga co equipo cántabro, todas elas na segunda división: 59/60, 62/63, 63/64, 64/65 e 74/75.
Antiguo Campo de Sport - Santander

Polo tanto, 39 anos despois, esta vez na 2ºB, voltamos coincidir nunha liga.

Aínda que o último partido oficial data de hai 36 anos, nun enfrontamento copero de primeira ronda, onde un Ourense de 2ªB era eliminado polo equipo da 1ª división, cun parcial de 3-0. 

Polo tanto a última visita oficial do Racing de Santander ao estadio do Couto foi o 14 de setembro de 1977 co resultado de 0-2. En partido de liga deberiamos remontarnos ao 16 de marzo de 1975 con victoria visitante por 0-1.

A única victoria de CD Ourense sobre o Racing de Santander data do 7 de febreiro de 1960 cando gañamos 1-0, gol de Chicha. Nesta tempada na 2ª división, primeira na que compartiamos categoría, estivemos disputando con eles ata última hora polo ascenso a primeira división, que eles acadaron finalmente, conformándonos nós co 3º posto que nos deixou cerca de bicar o ceo do fútbol. Xogaron por C.D. Ourense: Gelucho, Felipe, Lasheras, Orbán, Pastor, Rebeca, Cebrián, Matito, Chicha, Rivera y Malet.
Actual campo do Racing
A nosa historia resúmese nos seguintes datos:
-12 partidos xogados, 10 de liga (2ª div.) e 2 de copa
-1 victoria de CD Ourense, 7 do Racing e 4 empates
- 8 goles de CD Ourense e 17 do Racing (14 en ligas, 3 en copa)
-No Couto, en liga: 1 victoria do Ourense, 2 empates e 2 victorias do Racing. Máis unha en copa.

"In memoriam: Manolo Preciado"
Xogador do Racing de Santander: 1978-1982
Xogador de CD Ourense: 1986-1990






Fontes:- Club Deportivo Ourense de J.M. Fernández Sobrino, Deputac. de Ourense
            -www.futbolme.com 
Imaxes: -www.realracingclub.es
            - www.lavozdegalicia.es
            - www.marca,es
           - barbadas.blogspot.es